CITA GASTRONÓMICA

Viños do Ribeiro, no Fórum Gastronómico Coruña 2017

A D.O. Ribeiro acude a esta cita no stand número 514 cos viños das adegas Viña Mein, Viña Costeira, Val do Deva, Terra do Castelo, Pazo Casanova, Coto de Gomariz e Bodega Gandarela

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro presentará 14 viños de distintas  adegas a través dunha enobarra D.O. Ribeiro no evento gastronómico de referencia en Galicia, o Fórum Gastronómico Coruña 2017. Celébrase desde este domingo ata o martes, no recinto feiral ExpoCoruña, en horario de 10,00 a 20,00 horas. 

A Denominación de Orixe Ribeiro acude a esta cita no stand número 514 cos viños das adegas Viña Mein, Viña Costeira, Val do Deva, Terra do Castelo, Pazo Casanova, Coto de Gomariz e Bodega Gandarela para dar a coñecer esta zona vitivinícola, a máis antiga de Galicia, e que os expertos caten os seus viños. 

Trátase dun evento que reúne aos mellores profesionais. Produtores, cociñeiros, enólogos, pasteleiros e outros expertos percorren o recinto e participan en catas, conferencias ou talleres durante os tres días que dura o evento.

Os reponsables do Consello Regulador consideran que será unha magnífica acción para afianzar o mercado galego. 

Te puede interesar