Os ecoloxistas suspenden a axuda ó remonte das anguías

A Asociación Ecoloxista Coto do Frade, con sede en Ribadavia, non procederá a súa práctica habitual de remonte de anguías que viña facendo no encoro de Frieira, no municipio de Padrenda, dende hai 16 anos. Os ecoloxistas suliñan que tomaron esta decisión 'tras moitos debates internos', pero tendo en conta a negativa da Consellería Rural a permitir a súa presenza no encoro.
Iste departamento autonómico considera que as instalacións da central hidroeléctrica son de titularidade da concesionaria da explotación (Gas Natural Unión Fenosa), e existen razóns de seguridade para non permitir calquera intromisión na propiedade. Por outra banda, a Consellería tamén lembra que os seus técnicos, dacordo coa citada empresa, son quen de encargarse do remonte das anguías dúas veces á semana, dende o pasado mes de xullo.

Según os datos proporcionados por Coto do Frade, os membros deste colectivo liberaron máis de 150.000 anguías durante os últimos 16 anos, é dicir, algo máis de 11 quilos por tempada tendo en conta que cada quilo contén unha media de 800 crías. Os ecoloxistas manifestan que este magnífico resultado fixo que, hoxendía, a especie non esté completamente extinta no Miño, e engaden que, 'aínda que este ano non fagamos o seu remonte, continuamos coa loita na defensa da anguía'. Neste sentido, presentarán unha denuncia contra Gas Natural Fenosa no vindeiro mes de setembro.

Te puede interesar