Encontro en Ribadavia de 50 músicos de banda

Paula Rodríguez e Cristina Pichel cos músicos, onte en Ribadavia.
photo_camera Paula Rodríguez e Cristina Pichel cos músicos, onte en Ribadavia.

O IV Encontro da Banda Sinfónica Xuvenil Galega estase a desenvolver en Ribadavia desde o pasado día 4 ata o 8 de xullo, rematando na xornada do próximo venres con un concerto.

Neste encontro participan máis de 50 mozos, músicos de toda Galicia, en xornadas que mesturan formación, ensaio musical e lecer. “Nunha constante aposta polo talento e a formación dos músicos galegos desde a mocidade, esta agrupación conformada por máis de 50 músicos de toda a xeografía galega está a preparar un repertorio variado e que inclúe tamén obras de estrea”, apunta a concelleira de Cultura, Paula Rodríguez.

O repertorio que se estreará no concerto de Ribadavia do día 8, tamén se poderá escoitar ao día seguinte na Cidade da Cultura.

Na xornada de onte estivo presente a directora Xeral de Xuventude, Cristina Pichel, que foi recibida pola teniente alcaldesa, Paula Rodríguez e o portavoz do goberno, Brais Fidalgo, que agradeceron á Federación Galega de Bandas de Música Populares o feito de elexir Ribadavia para o encontro.

Te puede interesar