Os alumnos farán un percorrido na noite do venres ofrecendo pezas de pop, rock, disco ou jazz

A escola de música da Banda La Lira actuará nas cafeterías

Un grupo de alumnos da Escola de Música Mestre Veneroni de Ribadavia.

A Escola de Música Mestre Veneroni de Ribadavia desenvolverá mañá un circuito musical polos locales de hostelería da rúa Progreso, ofrecendo en cada un deles un encontro informal de improvisación co obxectivo de ofrecer unha visión totalmente innovadora da imaxe da Banda de Música La Lira de Ribadavia, da que depende esta escola, acercándoa así a un público máis xoven. Interpretaranse temas pop, rock, disco, misturados coa electrónica e arranxados para música instrumental.

A cita comeza no café O Morto, ás 21,30 horas, onde o grupo de percusión fará un percorrido pola música contemporánea, rematando con ritmos tribais e latinos. Ás 22,30 horas, o grupo de clarinetes cun set de percusión ofrecerá jazz, rag e latín jazz, no café MEU. No Cafe de María, ás 11,30 horas, actuará o grupo de metais, que recurrirá á electrónica para interpretar pezas latinas, rock e pop. Este tour, rematará no Pub Aljama, onde o grupo de saxofóns tocará éxitos de Queen, Michael Jackson, U2 e Pink Floyd, entre outros.

A Escola de Música Mestre Veneroni foi recoñecida oficialmente o pasado ano e na actualidade conta con 127 alumnos, con idades que van dende os 4 ós 72 anos. A iniciativa xurdiu a raíz da creación da banda infantil Luís Costa da que forman parte nestes momentos outros 35 músicos. As clases son impartidas de forma gratuita polos profesionais de La Lira de Ribadavia.

Te puede interesar