Expertos do viño de Alemania recorreron as adegas do Ribeiro

Doce expertos do mundo do viño en Alemania, entre sumilleres e periodistas especializados iniciaron o pasado domingo unha visita á Denominación de Orixe Ribeiro. Durante a primeira xornada asistiron a un seminario e cata impartido polo director técnico do Consello Regulador, Pablo Vidal, e tiveron a opotunidade de degustar viños de 20 adegas.
Dende o luns e ata onte recorreron outras adegas, catando en torno a 60 marcas. 'Esta aproximación aos líderes de opinión no mercado alemán está a acadar bos resultados, xa que neste primeiro achegamento os viños do Ribeiro están a ser percibidos como elaboracións de alta calidade e personalidade, coa autenticidade propia dunha rexión vitivinícola que posúe unha das maiores riquezas varietais no mundo do viño, así como una das máis dilatadas traxectorias históricas na súa elaboración', manifestaron os técnicos do Consello Regulador, asegurando que Alemania segue a ser un obxectivo no comercio exterior.

Te puede interesar