LEIRO

Expertos falan na EVEGA das enfermidades da madeira da vide

segundo taller está previsto para o próximo 20 de xullo

O Instituto Galego de Calidade Alimentaria organiza talleres de formación sobre Enfermidades da Madeira da Vide e sobre a Flavescencia dourada, que se imparten na EVEGA (Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia), ubicada en Leiro, no marco do proxecto Winetwork. O segundo taller está previsto para o próximo 20 de xullo. 

Previamente, o día 13 do mesmo mes, impartirase unha conferencia Internacional, que forma parte das actividades formativas programadas no marco do Proxecto Winetwork sobre estas dúas patoloxías da vide.

Nesta conferencia, expertos internacionais expoñerán os resultados das investigacións máis recentes e presentarán as experiencias no manexo destas enfermidades, que se están levando a cabo noutros países como Francia, Australia ou Canadá. Ademais, tres viticultores galegos falarán como afrontan a súa incidencia nos viñedos. 

Te puede interesar