Exposición de imaxes dos entroidos no Museo Etnolóxico

O Museo Etnolóxico de Ribadavia inaugurou onte a exposición "Detrás da Máscara", unha interesante colección de imaxes de varios entroidos da provincia de Ourense, da autoría de Demetrio Monteagudo. 

A mostra tamén inclúe figuras e máscaras cedidas polos concellos de Manzaneda e Xinzo e pola Asociación cultural Felos de Maceda. Estará aberta ata o 20 de abril, e os horarios para visitala son de martes a venres, entre as 11,30 e as 13,30 horas, e de 17 a 19 horas, e os sábados e domingos de 12 a 14 horas. 

Te puede interesar