PESCA

Exposición sobre a pesca fluvial no Museo Etnolóxico

A mostra contén obxectos, fotografías e textos, articulado en artes naseiras; artes redeiras e as embarcacións.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia inaugurou onte unha exposición sobre a pesca fluvial. A través de bens procedentes das coleccións propias do museo, agás catro fotografías aportadas por particulares, abórdase a evolución da pesca fluvial a través de dúas variables que se entrecruzan, relativas ós cambios que levan da pesca fluvial practicada como actividade económica complementaria, a dos «pescantíns», ata a pesca entendida como manifestación cultural, a dos «troiteiros», ao socairo das transformacións mediaombientais e da progresiva normativización da actividade.

A mostra contén obxectos, fotografías e textos, articulado en artes naseiras; artes redeiras e as embarcacións. O comisario é Víctor Manuel Castro, contando coas restauradoras María José Ruíz e Sara Costa, e a bibliotecaria Rosa Lamas.

Te puede interesar