DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Exposicións e espectáculos en Ribadavia e Castrelo de Miño

A Biblioteca Municipal de Ribadavia ofrece hoxe, a partir das 11,30 horas, na Praza Maior, a exposición de cartelería do Día das Letras Galegas, ademais dunha mostra bibliográfica de Manuel María

A Biblioteca Municipal de Ribadavia ofrece hoxe, a partir das 11,30 horas, na Praza Maior, a exposición de cartelería do Día das Letras Galegas, ademais dunha mostra bibliográfica de Manuel María, tamén de libros en galego novidades da biblioteca, e o contacontos "Titiricleta", de Anxo Moure. O próximo pleno de Ribadavia tamén abordará unha moción do BNG mediante a que reclama a organización de actividades en homenaxe a Manuel María durante o que resta de ano.

Por outra parte, o Concello de Castrelo de Miño organiza este mes varias actividades dedicadas á celebración da Letras Galegas. Para hoxe, ás 17,00 horas, na sala de exposicións do Parque Náutico, está prevista unha mostra e exhibición de produtos etiquetados en galego. Ademais, para o próximo 29 de maio, a feira mensual de Castrelo estará dedicada en especial á figura do escritor homenaxeado este ano, Manuel María, cun evento no que Alvaro Muras conxuga música e maxia, nun espectáculo feito cos versos deste gran escritor. Será ás 12,00 horas, na feira.

Te puede interesar