BOSQUES

Extinguido o incendio forestal rexistrado en Melón

A superficie devastada é de 22,05 hectáreas

Extinguido ás 14:10 horas deste mediodía o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins, tras comezar onte ás 16:30 horas da tarde.

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 22,05 hectáreas de monte arborado. Na súa extinción traballaron 4 axentes, 11 brigadas, 4 motobombas e 4 helicópteros.

Este incendio foi provocado pola combustión dun turismo que ardeu no quilómetro 259 da autovía A-52 (dirección Vigo). O lume neste vehículo extendeuse polo monte anexo á autovía.

Te puede interesar