O forte vento impediu saír ó globo en Castrelo

Postos ambulantes, no recinto feiral de Castrelo de Miño.
A meteoroloxía non resultou favorable na xornada de onte para a celebración da terceira feira mensual de Castrelo de Miño, xa que a choiva, o frío e o vento restaron afluencia de visitantes ó recinto ubicado xunto ó Clube Náutico de Barral.
Foi precisamente o forte vento reinante o que motivou ós organizadores non poñer a disposición do público o globo aerostático que nesta ocasión estaba previsto fletar, según indicou Alfredo Fernández, tenente de alcalde do municipio. Os voos desta aeronave xa tiveran unha gran aceptación por parte dos asistentes á feira do pasado ano, xa que dende o aire permite ter unha ampla panorámica do embalse do río Miño e da comarca de O Ribeiro.
Nemabargantes, o mal tempo non influi para que un cento de comerciantes instalasen un cento de postos ambulantes de productos artesanais, agrícolas e de complementos, na carpa habilitada ó efecto polo Concello de Castrelo. O compoñente gastronómico tamén estivo garantizado polas 'pulpeiras' da parroquia carballiñesa de Arcos, ademais dos restaurantes do contorno, que prepararon carne ó caldeiro e churrasco para os feirantes.

Te puede interesar