A Fundación Coren promove a creación de cooperativas

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pon en marcha na localidade de Cenlle a exposición 'Descubre as cooperativas'. Esta actividade intégrase na Rede Eusumo, estratexia de cooperación entre diferentes axentes públicos e asociativos orientada ao fomento do cooperativismo e a economía social como estratexia de xeración de emprego, rede que conta co apoio do Fondo Social Europeo.
A exposición, que está aberta ata mañá na Fundación Coren (Razamonde - Cenlle), fai un recorrido polos elementos claves do modelo cooperativo, que son, que tipos de cooperativas hai, como funcionan, cales son os valores que defenden, que pasos dar ou que apoios existen para impulsar o emprendemento cooperativo.

A Fundación Coren forma parte da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social. Deste xeito, coincide coas entidades que conforman a Rede Eusumo na vontade e empeño compartido de promover a economía social mediante as cooperativas.

Te puede interesar