CONCELLO

Os hostaleiros de Ribadavia terán as terrazas gratis ata que remate o 2020

El casco histórico de Ribadavia, Bien de Interés Cultural. (Foto: S. P.)
photo_camera El casco histórico de Ribadavia.
As arcas municipais deixarán de ingresar por este concepto aproximadamente 18.000 euros.

O Concello de Ribadavia suspendeu o cobro da taxa aos hostaleiros pola colocación de terrazas desde que se decretou o estado de alarma ata finales de 2020. O alcalde, César Fernández, matiza que antes do 14 de marzo a ocupación de espazos públicos foi mínima, e que as arcas municipais deixarán de ingresar por este concepto aproximadamente 18.000 euros.

O grupo municipal Ribeiro en Común xa reclamou tamén no concello que non cobre a taxa de terrazas á hostalaría como medida de axuda, e asegura que se lles cobrou sen ter en conta "a petición do noso grupo de eximir o cobro en 2020 a raíz da crise do covid-19, como medida de axuda a un sector que tivo que pechar". Tamén solicita que se amplíe de oficio a superficie de terraza para estes establecementos sen custe algún durante o actual exercicio.

Te puede interesar