A imputación do delegado da Xunta a verá un xurado popular

O xulgado de primeira instancia e instrución de Ribadavia ven de instar o procedemento con xurado popular no caso en que se atopa imputado o delegado provincial da Xunta Rogelio Martínez por malversación. Proximamente celebrarase no xulgado ribadaviense a vistal, na que se van fixar as posturas das partes persoadas. Os delictos de malversación de fondos e falseamento de documento público, no grupo de desenvolvemento rural con fondos europeos CEIVAM, están entre os que van ter que aclarar Rogelio Martínez e outros seis imputados.
A partir de ese intre, o fiscal fixará a súa postura no caso xunto coas acusación particulares persoadas. A denuncia partiu do BNG do Ribeiro, formación que anunciou que vai demandar a asunción das responsabilidades políticas que lle corresponden ó exalcalde de Arnoia, Rogelio Martinez, asunción que tamén implica ao autor do seu nomeamento, o presidente da Xunta.

O xuiz de Ribadavia había considerado que os supostos delitos prescribiran, pero os nacionalistas decidiron recurrir, basándose en que algúns todavía están en vigor.

A Audiencia provincial diulle a razón ós denunciantes, polo que en breve se desenvolverá a vista oral. A denuncia ten que ver co reparto de fondos europeos a empresas entre o 2000 e 2007.

Te puede interesar