Laias acolle un seminario sobre termalismo e deporte

Especialistas en hidroloxía médica salientan os beneficios dos tratamentos termais na saúde do deportista de alta intensidade, sometido a esixentes adestramentos. A balneoterapia incide na recuperación, na adaptación funcional, no tratamento da dor e na adaptación psico-social durante as concentracións cos seus equipos.

“O enfoque integral do deportista de alta intensidade nun balneario” é o tema do seminario que comeza hoxe e continuará o sábado, no Balneario de Laias. A xornada oriéntase a futuros médicos e está promovida pola Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia.
A actividade será dirixida por Dolores Fernández Marcos, coordinadora da Cátedra, médico especialista en hidroloxía médica e directora médico de Caldaria Termal, que aglutina os balnearios ourensáns de Arnoia, Laias (Cenlle) e Lobios. A facultativa sinala que “a contribución da balneoterapia no mantemento da saúde do deportista, que durante longos períodos de tempo está concentrado para adestrar co seu equipo e preparar as competicións, fundaméntase en catro piares: a recuperación, a adaptación funcional, o tratamento da dor e a adaptación psico-social”. Tamén intervirán o médico de familia Alberto Fernández Martínez e a doutora Dolores Fernández Marcos.

Te puede interesar