SENDERISMO

Lobios celebra hoxe a segunda ruta dos “Oito miles do Xurés"

A andaina, cun trazado de 17 kilómetros de lonxitude, ten como obxectivo o cumio do Pico de Fontefría

A Asociación Lirio do Xurés, de Lobios,  organiza hoxe a segunda ruta do programa de sendeirismo titulado "Oito miles do Xurés", oito rutas coas que se pretende chegar ata o cumio dos oito montes da Xerra do Xurés que superan os mil metros de altura.

As rutas desenvólvense os primeiros sábados de cada mes e foron inauguradas o pasado 8 de abril, co ascenso ó Alto do Pisco, de 1.398 metros. Hoxe a andaina ten como obxectivo o cumio do Pico de Fontefría, de 1.457 metros de altura e o trazado ten unha lonxitude de 17 kilómetros. O punto de partida será a aldea de Puxedo, ás 08,30 horas e o recorrido pasará pola aldea de Guende, o Foxo do Lobo, para afrontar logo a ascensión ó Pico e, xa de retorno, pasarán pola aldea lusa de Pitoes.

O próximo reto será o sábado 3 de xuño e terá como destino o Pico da Nevosa, de 1.550 metros de altura.

Te puede interesar