Medio Rural convocará en breve a Mesa do viño do Ribeiro

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, comprometeuse, durante unha reunión que mantuvo co grupo do PP de Ribadavia, a convocar a Mesa do viño do Ribeiro coa maior celeridade posible. Ademais, comunicoulles aos membros deste grupo municipal que a existencia de contratos homologados é a liña fundamental de traballo da súa consellería, unha liña de traballo que debe culminar coa sinatura de contratos homologados en tódolos sectores do ámbito agrogandeiro.
A conselleira sinalou tamén que nesa liña está a traballar o goberno central o cal está a preparar unha nova lei de referencia para o sector agrogandeiro, unha lei que consolidará como práctica habitual a sinatura de contratos homologados dotando, deste xeito, dunha maior seguridade xurídica a tódalas partes implicadas neste importante sector produtivo.


SOLICITUDE

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia trasladoulle á conselleira a necesidade de convocar, de xeito inmediato, a mesa do viño do Ribeiro para iniciar as negociacións de cara a conquerir a sinatura dun contrato homologado que regule a compra da uva na vindeira vendima de 2013, e tendo en conta que esta denominación leva xa dúas campañas sen contrato homologado.

Os populares de Ribadavia fixéronlle chegar á Conselleira o malestar que a ausencia de contrato homologado provoca nos viticultores da comarca, e transmitíronlle que a existencia dun documento destas características é unha ferramenta indispensable para evitar o despoboamento do rural nas comarcas vitivinícolas.

Te puede interesar