Mellora do firme en tres estradas do Ribeiro e Celanova

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou as obras de mellora de firme en tres estradas autonómicas ao paso polas comarcas do Ribeiro e de Celanova, que suporán un investimento de máis de 1,2 millóns de euros.

A intervención deu comezo pola estrada OU-414, no concello de Padrenda, e nas vindeiras semanas continuará nas vías OU-411 e OU-801, no seu transcurso polos concellos de
Bande, Ribadavia, Verea, Cortegada, Pontedeva, Padrenda e Quintela de Leirado.

Os traballos consistirán no estendido de mestura betuminosa en quente e no selado de fisuras e fendas. Tamén se procederá á limpeza de gabias e nalgúns treitos executarase unha gabia de seguridade formigonada.

Ademais, realizarase o repintado da sinalización en todo o trazado das estradas e repoñeranse os captafaros nos treitos nos que se mellore o firme.

Te puede interesar