Un mercado artesanal e actuacións musicais anticipan a ‘Festa da Istoria’ en Ribadavia

O programa da ‘Festa da Istoria’ de Ribadavia, que este ano acada a súa edición número 19, abrirase o xoves 28 de agosto cun mercado de artesanía distribuido nas prazas Maior, Madalena e García Boente, e nas rúas Santiago e Lira. Nesa mesma xornada ofrecerase na Igrexa de Santiago un concerto coa participación do Coro da Istoria e Ana Alcaide.
O venres día 29 organízase pola mañá un concurso de pintura rápida para maiores de 16 anos e con tres premios de 800, 400 e 200 euros. Pola tarde, desfilará o grupo Sbandieratori di Castiglione Fiorentino, de Italia, que actuarán na Praza Maior ás 10 da noite. A organización do festexo, que se desenvolverá o sábado día 30, adiantou que tanto o tradicional Torneo Medieval como a exhibición de cetrería levaranse a cabo no campo do Xestal, e o público poderá desprazarse en autocares.

Os organizadores apuntan que o servizo de aluguer de traxes de época trasladarase na entrada da Praza Maior de Ribadavia, e permanecerá aberto dende ás 10.00 ata ás 22.00 horas do domingo da celebración.


Te puede interesar