O RIBEIRO

Seis mozos ribadavienses,
de viaxe de estudos a Europa

uploaded_omix_result
photo_camera Un grupo de xóvenes preparándose para un intercambio internacional, na OMIX de Ribadavia.

Estos estudantes acolleitos ao programa Erasmus, viaxarán a Holanda, Moldova e Dinamarca

A OMIX (Oficina municipal de información xuvenil) e a Casa da Xuventude de Ribadavia acollen dúas novas voluntarias europeas, que farán unha estadía dun ano a través dunha axuda do programa Europeo "Erasmus +". As voluntarias veñen de Letonia e Italia e colaborarán nas diferentes áreas do Concello realizando diversas actividades, entre as que se atopan os obradoiros e conversas de inglés e italiano. Financiados igualmente polo "Erasmus", unha xoven de Ribadavia fará unha estadía dun ano en Holanda realizando labores de apoio á organización holandesa "Batavia werf NL", e outros dous participarán nun proxecto que se executará en Vadul lui Voda, República de Moldova. Trátase do proxecto "Your Europe"que é un curso de formación internacional de ocho días que reunirá a 24 mozos de distintos países de Europa.

Dentro da programación deste outono, tamén tres membros de asociacións xuvenís participarán na visita de estudo "A tua Europa" na cidade de Aalborg, en Dinamarca, na que participarán 27 líderes de xuventude europeos. Por outra banda, a OMIX contou ata outubro co apoio de oito mozos de "Voluntariado Xuvenil" da Xunta.

Te puede interesar