Unhas xornadas lembran que este grupo fixo de Ribadavia a capital galega das artes escénicas

O mundo da cultura recoñece o papel de Abrente no teatro

Maribel Outeiriño, Luis Chao, Dolores Vilavedra, Manuel Guede e Luis Álvarez. (Foto: MARCOS ATRIO)
Onte desenvolveuse a primeira das 'Xornadas Abrente. 40 anos despois da I Mostra de Teatro', en Ribadavia, que culminarán no día de hoxe. O Centro Comarcal do Ribeiro acollía o acto de inauguración no que participaron o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco; o director da Mostra Internacional de Teatro, Roberto Pascual; o representante da Deputación, César Fernández; o primeiro presidente da Asociación Abrente, Xosé Luis Chao e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Durante este acto destacouse o papel decisivo que a Asociación Abrente tivo para a cultura galega, para o teatro, e porque fixo posible que Ribadavia sexa hoxe coa MIT a capital das artes escénicas de Galicia, o mesmo tempo que houbo un sentido recordo para Rubén García, que collera o testigo da entidade cultural para seguir adiante co teatro, pero xa cun novo enforque internacional que é o que perdura na actualidade. Seguidamente tiña lugar una mesa redonda moderada por Dolores Vilavedra e na que cada ponente rememorou os seus sentimentos e vivenzas dos primeiros anos da Mostra de Teatro. Manuel Guede aseguraba que 'Ribadavia fíxome un home de teatro' e referíase a importancia dos coloquios que se producían tras as representacións e que eran auténticas loitas pola hexemonía cultural entre o PC e a UPG.

A periodista Maribel Outeiriño recordaba a mostra como un acontecemento interesante que enseguida chamou a súa atención naqueles primeiros anos de profesión. Tamén se refería á presión que máis adiante exerceron algúns grupos de esquerdas provocando incluso a autocensura 'que sufrimos muchísimo', sinalaba.

Luis Álvarez Pousa apuntaba que Ribadavia e Abrente 'alentaron outra maneira máis creativa de resistir a clandestinidade'.

O último ponente da mesa redonda foi José Luis Chao, rememorando os inicios nunha sociedade cerrada e dominada polo franquismo.

Te puede interesar