O Museo Etnolóxico proxecta hoxe o documental 'N-VI'

O Museo Etnolóxico de Ribadavia proxecta hoxe, ás 20,30 horas, o documental 'N-VI', de Pela del Álamo, dentro do ciclo de Cine de Outono que está a desenvolver. A película trata sobre os cambios que se produxeron nos últimos anos nas redes de carreteras, como antigamente se viaxaba por estradas que atravesaban lugares habitados: pobos, aldeas ou cidades, mentres que na actualidade, aquelas estradas foron substituídas por autovías e autoestradas illadas da paisaxe que atravesan.
A N-VI une Madrid con Galicia ao longo de 600 quilómetros, pero dende a construción da autovía A-6, para o mesmo traxecto, algúns tramos desa N-VI desapareceron e outros quedaron case abandoados.

Este documental está colleitando enorme éxito nos festivais nos que foi presentada, obtendo importantes premios en Málaga, Valladolid, Madrid e Barcelona.

Te puede interesar