O Museo de Ribadavia leva un cuarteto de música á cárcere

 (Foto: MARCOS ATRIO)
Dentro do programa O Museo no Cárcere, englobado no Proxecto Museo Aberto que programa e organiza o Museo Etnolóxico de Ribadavia, está previsto para hoxe, ás 18,00 horas, no Centro Penitenciario de Pereiro de Pereiro de Aguiar o concerto didáctico de música a cargo do Cuarteto Quiroga.
Este concerto, que os responsables do centro penitenciario abren non só ao grupo de internos participantes nos obradoiros de O Museo no Cárcere, senón tamén ao conxunto da poboación reclusa, constitúe unha das novidades do programa en curso, denominado 'Os Sons que nos envolven', segundo sinalan os organizadores.

O Cuarteto Quiroga nace coa vontade de lembrar e difundir a memoria do gran violinista galego Manuel Quiroga, xunto con Pablo Sarasate e Pau Casals, un dos máis grandes instrumentistas de corda do século XX.

Dende a súa creación o Cuarteto Quiroga ten actuado en numerosas salas de diferentes países como Alemania, Finlandia, Francia, Italia, Reino Unido, Suecia, América e, por suposto, España e Galicia.

Te puede interesar