instalaciones médicas

O novo centro de saúde de Ribadavia está sen terreo

ourense. 30 agosto 2010
centro de salud ribadavia
photo_camera O actual centro de saúde de Ribadavia.

O PP alerta de que o Concello non tramitou correctamente a súa cesión

O portavoz do PP en Ribadavia, César Fernández, afirma que o alcalde, Ignacio Gómez, "mentiu reiteradamente e de forma deliberada á veciñanza sobre a situación dos terreos que deberían albergar o futuro centro de saúde". Asegura que na última Xunta de Goberno Local aprobouse o proxecto de agregación e segregación de parcelas, que era condición imprescindible para regularizar a situación, co fin de que a Administración autonómica poda dispoñer do solo para construir o novo edificio, tal e como está proxectado. "Un trámite que, segundo afirmara o alcalde en numerosas ocasións, xa estaba resolto, o que deixa hoxe ao descuberto que o señor Gómez mentiu de xeito deliberado e con aleivosía", sinala o portavoz popular.

César Fernández considera que se hoxe non existe un novo centro de saúde en Ribadavia, é por responsabilidade única do goberno municipal. Segundo apunta, a Consellería de Sanidade reclamou en máis de tres ocasións ao Concello desde o ano 2009 que se cumprisen os pasos legais e administrativos para poder licitar a construción. "Pero os diferentes gobernos nos que participou o señor Ignacio Gómez, en lugar de resolver os trámites que lles correspondía, dedicáronse a culpar á Xunta do retraso, poñendo dese xeito ao Concello de Ribadavia ao servizo de estratexias políticas partidistas", critica César Fernández.  

Nese sentido, matiza que o feito de que na Xunta de Goberno Local do pasado 3 de abril se aprobase o proxecto de agregación e segregación de parcelas ven a demostrar que este trámite estaba sen facer. Por ese motivo, opina que "estas mentiras do goberno municipal puxeron en risco un proxecto que a estas alturas xa podería estar rematado e que, por causa da incompetencia do goberno, hoxe está no aire".

En consecuencia, o PP sinala que esta situación "inhabilita ao señor Gómez para seguir sendo alcalde  polo que, se lle restara un mínimo de decoro institucional, debería presentar a súa dimisión".

Pola contra, Ignacio Gómez, declara que os terreos están a disposición da Xunta desde fai anos e que un problema de rexistro está sendo utilizado como "escusa" para non executar o proxecto. "Para maior seguridade fixeron os técnicos a segregación dos terreos, pero están dispoñibles fai moito tempo. Que digan eles onde está o orzamento para facelo, eles si que minten".

Gómez sinalou que a Xunta só dixo que nun dos terreos non estaba clara a titularidade porque, "era unha parcela enteira e nós compramos só a mitade", e engade que "é só unha escusa e mañá buscarán outra. Eles son os que enganan aos cidadáns". 

Te puede interesar