Seis novos proxectos esperan axudas do plan Leader

A xunta directiva da Asociación Carballiño-Ribeiro que xestiona o plan europeo Leader reunirase o próximo luns para abordar a aprobación de seis novos proxectos cuios promotores aspiran a recibir axuda económica para a súa execución. Trátase da mellora enerxética nunha canteira, a modernización e ampliación do balneario As Caldas de Partovia, a construcción dunha pista multiusos, a realización dun camping, o equipamento dun local social e a creación dun miradoiro.
Ademáis, xa se están tramitando con vistas a ser trasladados de igual forma a xunta directiva outros proxectos relativos a unha ampliación de unha empresa distribuidora, para mellorar a técnica de producción nunha explotación agrícola e, tamén, a ampliación de unha estación de servizo.

Ata o de agora, e con cargo ós 3.590.000 euros destinados ó programa de desenvolvemento rural de ambas comarcas, xa se tramitaron axudas para proxectos dos distintos ámbitos que acolle o plan Leader. Entre outros destacan a difusión do programa por parte da Asociación, compra de maquinaria para nova técnica de producción, a reforma do camping de Leiro para empresa de ocio, modernización dunha empresa agrícola, un centro tecnolóxico de información, a adaptación dun multifuncional e a creación dun miradoiro e sendeiro, segundo indican os técnicos.

Te puede interesar