As obras para ampliar a nova ‘galescola’ de Ribadavia suporán un gasto de170.000 euros

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anunciou a apertura da nova ‘Galescola’de Ribadavia para o vindeiro luns 13 de outubro, tal e como estaba previsto e comprometido coas familias na reunión celebrada o pasado 11 de setembro, según anunci aron fonte deste organismo. Un total de 60 nenos e nenas formalizaron xa a súa matrícula nas catro unidades coas que conta o centro, no que vai traballar un plantel de oito profesionais.
As mesmas fontes apuntan que ‘a xerencia adxunta para a xestión de Galescolas do Consorcio está en contacto coas familias dos rapaces para anunciarlles o comezo da actividade deste centro da comarca do Ribeiro, despois do remate das obras de acondicionamento na parte exterior do edificio, nas que se investiron preto de 40.000 euros’. Ademais, o centro conta xa con todo o equipamento necesario, para o que o organismo integrado pola Vicepresidencia da Xunta e por 263 concellos, ten investido 46.230 euros.

Adaptación

Nos vindeiros meses, o Consorcio ten previsto acometer unha ampliación do centro que suporá un novo investimento de 170.000 euros. O curso na Galescola comezará, como é habitual nesta rede pública de escolas infantís, coa chamada fase de transición, na que os rapaces e rapazas se irán adaptando progresivamente ao seu horario establecido, ás instalacións do centro e ós oito traballadores que os atenderán de aquí en diante: dúas mestras, cinco educadoras, e unha persoa encargada dos servizos xerais. A escola infantil de Ribadavia intégrase así na Rede de Galescolas xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez asinado o correspondente convenio o pasado 28 de xullo.

Te puede interesar