A Oficina de Información Xuvenil ofrece un curso en York

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia abre o prazo para anotarse nun curso de Formación en Empregabilidade e Espíritu Emprendedor, que se desenvolverá en York (Reino Unido). Poderán participar dúas persoas sen límite de idade que estean dispostas a traballar a través de actividades culturais con mozos, xa sexa en organizacións xuvenís ou en organizacións non gubernamentais.
Ademáis, que se presten a participar activamente no programa Xuventude en Acción, ou co obxectivo de traballar en Erasmus a partir de 2014.

O curso está previsto entre os días 20 e o 26 do próximo mes de outubro, e a data límite para inscribirse será o 17 de setembro.

A oficina tamén oferta a participación no Servizo de Voluntariado Europeo, en Transilvania(Rumanía).

Te puede interesar