Vendimia

Operativo de 25 inspectores para los controles en la vendimia

Los trabajadores asisten a un curso que comienza hoy para formarse en la distinción de variedades de uva

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro está pechando os últimos detalles do operativo para a vendima 2021, que estará formado por un grupo de 25 traballadores. Este grupo participará o hoxe, mañá e o mércores a dobre xornada nun completo curso de 40 horas de formación de reforzo no recoñecemento e  identificación das variedades de uva da Denominación de Orixe Ribeiro, así como todos os aspectos tanto morfolóxicos, agronómicos cono enolóxicos das mesmas. Así mesmo, reforzarase o coñecemento de toda a maquinaria presente en adegas incluíndo visita presencial a un viñedo e instalacións. 

Para a implementación deste curso, cóntase coa colaboración da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL).

Todo este operativo de vendima desprégase en virtude das competencias que ostenta o Consello Regulador xa que este organismo é o máximo responsable no control e verificación da uva que entra nas adegas oficialmente inscritas no seu rexistro.

Dende mediados do mes de xullo, como vén acontecendo nos últimos tres anos, estanse a levar a cabo inspeccións prevendima nas fincas. Neste sentido dende o Consello Regulador apuntan que durante os últimos tres anos leváronse a cabo máis de 500 inspeccións, o que permite ir facendo unha actualización permanente do rexistro vitícola, ter ao día todos os datos dos viticultores, as súas fincas e variedades de uva así como facer controis do estado das variedades e unha estimación da colleita. As medidas teñen por obxectivo garantir a orixe e a calidade dos viños

Te puede interesar