La oposición de Cenlle pregunta por las viviendas de protección

O portavoz socialista no concello de Cenlle, Suso Mouco, preguntará no pleno previsto para hoxe en qué estado se atopan as casas de protección autonómica, xa que nos últimos días non hai ningún tipo de actividade e a empresa constructora levou todo o equipo de traballo exceptuando a grúa, según apuntou o edil.
Nese senso, Mouco preguntará polo 'diñeiro do orzamento para estas vivendas de protección autonómica, xa que a paralización da obra pode obedecer a dous factores: ou ben, que non se paga á empresa ou que esta, como consecuencia de problemas propios, abandoa a obra', matizou.

En cualquera dos supostos, engadiu que 'o que vai a levar é sen dúbida a un retraso considerable na finalización e entrega das casas, co conseguinte perxuicio para os adxudicatarios'.

Ademais, o dirixente socialista preguntará ao alcalde sobre as conversas que ante dita obra mantivo recentemente con veciños que non cumpren os requisitos para acceder a estes inmobles.

Suso Mouco espera que a resposta do alcalde, Manuel García, non sexa que van cambiar as bases de acceso a estas vivendas, porque sería unha mostra máis da forma de gobernar do Partido Popular, 'que é exclusivamente no seu interese', sentenciou.

Te puede interesar