Os manifestantes, procedentes de cinco centros da comarca, puxeron en evidencia os graves recortes da Xunta

Pais e alumnos demandan dende Ribadavia a calidade na ensinanza

Participantes na concentración que tivo lugar onte na Praza Maior de Ribadavia, onde quemouse unha reproducción dun colexio -a dereita-. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A Praza Maior de Ribadavia foi o marco elexido para a mobilización convocada pola coordinadora de asociacións de pais (ANPAs) do Ribeiro, que perteñecen ós colexios de Cortegada, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle e Tomás de Lemos de Ribadavia, co fin de unir forzas e levar a cabo medidas de presión colectivas que fagan á Xunta rectificar a súa decisión de reducir o número de profesores no próximo curso. Na concentración participaron ó redor de 150 persoas entre pais e alumnos, segundo valoran os organizadores.
Nenos dos colexios afectados protagonizaron unha representación teatral na que os persoaxes eran o conselleiro, banqueiros e bombeiros, 'para facer reflexionar á sociedade sobre a perxudicial política económica que está a desenvolver a Xunta e que vai contra o sistema público de calidade na ensinanza', segundo indicaron os organizadores. Para elo montaron un estructura de madeira e cartón, que simulaba ser unha escola ingobernable con nenos de distintas idades nunha clase. Finalmente, o persoaxe que interpretaba ó conselleiro acababa por prenderlle lume á ficticia escola.

Mentras a coordinadora asegura que continuará con novas mobilizacións, ó mesmo tempo que intenta que se adhieran outras asociacións de pais, o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, manifestaba en relación á concentración de onte, que 'nós respetamos calquera tipo de manifestación, pero quero incidir na situación económica actual, que non é doada', engadindo que 'estamos nun momento moi difícil, e ás veces hai que tomar decisións, precisamente para non ter que adoptar despóis decisións máis dramáticas, a alternativa nesta situación podería pasar polo peche'.

Vázquez matizou que este goberno é o que menos escolas unitarias leva pechado en relación ós anteriores, e tamén destacou que non se sobrepasarán os 18 alumnos por aula. O titular de Educación insistiu en que, pese á crise, hai un plan de potenciación de línguas estranxeiras, o proxecto Avalar e incrementáronse as prazas de FP. O consellerio tamén se referiu o aumento en máis de 6.000 as plazas de comedor, e o incremento do número de rapaces transportados.

Os pais acudirán este vindeiro sábado a Lugo para participar en unha marcha protesta dende o Cibreiro a Samos, organizada por asociacións deste entorno.

Te puede interesar