PROVINCIA

Parada de Sil inaugura o local social de Barxacova

parada de sil 2
photo_camera O alcalde, Francisco Magide (segudno pola esquerda), cos veciños diante do local social de Barxacova.

Rehabilitou una casa que estaba en ruinas, con un custo de 35.000 euros

O Concello de Parada de Sil puxo en marcha este pasado fin de semana un novo local social no termino municipal, en concreto na localidade de San Lourenzo de Barxacova. O Concello presentou hai perto dun ano esta obra ó programa Leader, a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR 11), consistente na rehabilitación dunha casa que se atopaba en ruinas para convertela nun local social. Segundo sinala o alcalde, Francisco Magide, este espazo "permitirá aos veciños poidan reunirse, dado que no pobo nin hai nin bar nin tenda, lugares habituais de encontro". Ademáis, lo local atópase en plena tura do Canón do Mao e no camiño das tumbas antropomorfas de San Victor de Barxacova.

O acondicionamento do local foi posible logo das conversas mantidas con unha veciña, Sara Pérez, que donou a adega que agora acolle o novo local. Este levará o nome de Gabino Pérez, na honra do pai da donante do edificio. Segundo suliñou Francisco Magide no acto de inauguración, esta cesión pon de manifesto "as sinerxias que se están a establecer entre particulares e concello e que repercuten na mellora da calidade de vida dos veciños".

O proxecto tivo un presuposto de 34.537 euros, dos que o programa Leader aportou un total de 18.194 euros.

Te puede interesar