O PP lamenta que a oposición non intervira no acordo coa Lira

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia solicitou onte, mediante escrito presentado no rexistro, unha copia do convenio asinado entre a Banda La Lira e o Concello. 'Mediante esta petición pretendemos coñecer en que termos foi redactado o mencionado convenio, pois para a redacción e negociación do mesmo non se contou para nada co PP', sinalan os ediles da oposición. Asemade, engaden que 'queremos lembrarlle aos membros do grupo de goberno que este tipo de acordos deberían contar coa participación dos grupos da oposición, xa que se podería convocar unha xunta de portavoces ou algún outro órgano no que estivesen represent
'Mediante esta petición pretendemos coñecer en que termos foi redactado o mencionado convenio, pois para a redacción e negociación do mesmo non se contou para nada co PP', sinalan os ediles da oposición. Asemade, engaden que 'queremos lembrarlle aos membros do grupo de goberno que este tipo de acordos deberían contar coa participación dos grupos da oposición, xa que se podería convocar unha xunta de portavoces ou algún outro órgano no que estivesen representados todos os partidos políticos da corporación'.

O Concello e a banda suscribiron un novo convenio para asegurar varias actuacións en Ribadavia durante o 2012, como a que tuvo lugar o pasado 1 de xaneiro coa que se encheu o aforo da Casa da Cultura. O acordo entre ambas partes chegou despois de negociar a subvención anual concedida por os concertos e por impartir clases de música un día á semana.

Te puede interesar