O RIBEIRO

O PP de Maside rexeita as contas do 2014 por falta de inversións

"Non hai inversión en infraestructuras que melloren os servizos, e poñen de manifesto unha vez máis as súas promesas incumplidas ", sinala o portavoz, Juan Álvarez

O grupo municipal do PP en Maside votou en contra da relación de contas do 2014 nunha comisión especial informativa porque durante o ano 2014, así como nos anteriores, a pesar de contar cun orzamento de máis de 1.500.000 "non hai inversión en infraestructuras que melloren os servizos, e poñen de manifesto unha vez máis as súas promesas incumplidas ", sinala o portavoz, Juan Álvarez, referíndose ó PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal e a gardería, entre outros incumplimentos.

Engaden os populares quetampouco comparten a débeda desta etapa de goberno socialista, que cerrou o ano debendo a unha entidade de crédito a largo prazo 495.519 euros e unha débeda con acreedores a curto prazo de 174.560 euros, "que os nosos veciños van ter que pagar, é decir hipotecaron ós veciños de Maside en máis de 670.000 euros", apunta o concelleiro, entre outros motivos.

Te puede interesar