política

O PP de Ribadavia inicia contactos para gobernar

O candidato á Alcaldía de Ribadavia, César Fernández (MIGUEL ÁNGEL).
photo_camera O candidato á Alcaldía de Ribadavia, César Fernández (MIGUEL ÁNGEL).

Presentará o seu programa aos outros grupos para que fagan propostas

O Partido Popular trasladará aos diferentes grupos políticos do Concello de Ribadavia o seu programa de goberno municipal, unha vez que, tras as eleccións do pasado 26 de maio, a candidatura e o programa cos que se presentou recibiran o respaldo maioritario. O candidato á Alcaldía de Ribadavia, César Fernández, sinalou que "en primeiro lugar temos que agradecer á veciñanza de Ribadavia que depositase a súa confianza maioritaria no noso proxecto. Cómpre ter presente que o PP foi o claro vencedor das eleccións municipais xa que gañou en número de votos e conta con maior número de concelleiros que a seguinte forza política, unha situación que en Ribadavia non conseguíamos dende hai 16 anos".

Fernández sinalou que agora "cómpre poñerse a traballar para comezar a desenvolver o noso programa de goberno. Neste sentido, trasladaremos a nosa proposta ao resto de forzas políticas que así o desexen e amosarémonos receptivos a recoller achegas que poidan melloralo e completalo".


Ribeiro en Común


O candidato de Ribeiro en Común, Brais Fidalgo, quere aclarar que nunca falou de cargos, "aínda menos da alcaldía, de iso só se falará no futuro se antes hai acordo nun programa político para o cambio e o progreso en Ribadavia", insistiendo en que el cambio "debe existir, e o alcalde saínte está deslexitimado para continuar".

Te puede interesar