Preocupación no Ribeiro ante a praga da “Flavescencia dourada”

Viñedos de la Denominación de Origen Ribeiro.
photo_camera Viñedos de la Denominación de Origen Ribeiro.
O Concello de Ribadavia solicitará un programa de formación a Xunta, a proposta do BNG, para combatir a “Flavescencia dourada”

O Concello de Ribadavia solicitará á Xunta de Galicia a posta en marcha dun programa formativo para que os viticultores poidan vixiar a presencia de Flavescencia dourada nas súas parcelas ou instalacións e comunicar ás autoridades competentes calquera sospeita ou confirmación da presenza da praga; a oferta de formación ós viticultores sobre a aplicación dos tratamentos fitosanitarios autorizados contra o insecto vector Scaphoideus titanus; así coma un plan de actuación da Consellería do Medio Rural para colaborar coas persoas titulares de plantacións abandonadas no seu arrinque xa que estas incrementan o risco de transmisión da praga. A solicitude foi aprobada en pleno, segundo a proposta que fixo o grupo municipal do BNG.

Qué é a Flavescencia dourada?

A Flavescencia dourada é unha enfermidade causada por un fitoplasma que provoca graves danos no cultivo da vide. A presenza desta praga obriga a establecer unha serie de medidas para o seu control e erradicación, sinala a portavoz nacionalista, Maite Rodríguez.

A Flavescencia dourada foi localizada en Portugal no ano 2022 en zonas próximas á fronteira con Galicia, o que derivou na declaración dunha zona demarcada (ZD) en Galicia, de 2,5 km con respecto á fronteira con Portugal. Durante este ano 2023 producíronse novas deteccións desde organismo nocivo, ampliándose a zona demarcada, que agora inclúe territorio do Ribeiro.

Te puede interesar