Protección Civil de Avión conta con tres desfibriladores

O concello de Avión, a través do departamento de Protección Civil e en colaboración co Proxecto Salvavidas.UE, acaba de incorporar un novo desfibrilador semiautomatico externo (DESA). Esta adquisición foi posible grazas á implicación de voluntarios e a entidades na venda de pulseiras, 'coas que por un lado colaboramos contra a morte súbita e por outro na adquisición do DESA', indicaron fontes municipais.
Con este DESA, Protección Civil de Avión dispón nestes intres dun total de tres equipos. Un deles foi doado polas asociacións de veciños do municipio de Avión e o segundo adquirido íntegramente polo propio Concello. O seu precio oscila entre os 3.000 e os 4.000 euros.

Co incremento dos equiposdesfibriladores, Protección civil pode dar cobertura a todo tipo de situacións de risco, no que o seu uso sexa recomendado. Están distribuidos entre as dúas ambulancias dispoñibles e un terceiro permanecerá na base de Protección Civil para dar cobertura a Avión e outros concellos limítrofes.

Te puede interesar