EDUCACIÓN

O PSdeG pide no Parlamento melloras para o colexio de Leiro

img-20160701-wa0009_result
photo_camera Ventana e parede do colexio.

Noela Blanco, presentou unha pregunta por escrito ao Goberno galego sobre o CEIP Emilia Pardo Bazán de Leiro, instando á súa limpeza inmediata e as tarefas de mantemento correspondentes

A deputada socialista, Noela Blanco, presentou unha pregunta por escrito ao Goberno galego sobre o CEIP Emilia Pardo Bazán de Leiro, instando á súa limpeza inmediata e as tarefas de mantemento correspondentes. Alerta da "lamentable situación" do centro de Leiro, "con graves deficiencias de mantemento que deben ser resoltas de maneira urxente tralas numerosas queixas dos pais dos nenos".

A deputada criticou "a falla absoluta de mantemento das instalacións educativas por parte do Concello e da Xunta de Galicia xunto coa desidia, desleixo e pouca sensibilidade do Alcalde, que segue de xira turística para asegurarse un posto no Senado, está a afectar ao benestar xeral do Concello".

A socialista firma que "ten chegado o momento de que os centros educativos galegos empecen a recuperar paulatinamente as condicións que tiñan antes da chegada da crise económica, considerando como prioritario o estado de conservación dos nosos centros educativos, pois é un feito contrastado que a partida económica dedicada para obras de RAM –reparación e arranxos – ten caído de maneira alarmante durante o Goberno de Feijoo". 

O sistema educativo galego, lembra Blanco, “viu cómo se reducía o seu orzamento nuns 400 millóns de euros, un 75% menos do que había no ano 2009, tendo claras consecuencias no sistema educativo”.

O alcalde, Francisco José Fernández, asegurou que o Concello encárgase de realizar a limpeza, e que sempre é a mesma persoa a que a leva facendo desde fai moitos anos. "A limpeza e correcta e perfecta, e así o teño comprobado despois de realizala", conclúe. 

Te puede interesar