O PSOE afirma que os badéns de Gomariz non son legais

O grupo municipal socialista de Leiro lamenta a actitude do alcalde, o 'popular' Francisco José Fernández, quen 'por non aprobar unha moción mantén o perigo que constitúen uns badéns que incumpren a normativa vixente no pobo de Gomariz'.
Os socialistas sinalan que os badéns constitúen un risco permanente para os veciños porque alongan a distancia de frenado e os vehículos poden chocar incluso con eles.

O PSOE suliña que propuxo no pleno outras alternativas, como arañar a calzada con trazos transversais dun centímetro de ancho e outro de alto, e quepermiten frear mellor incluso con auga, pero foron rexeitadas.

O alcalde lembrou ós ediles da oposición que foran os propios veciños os que solicitaron a instalación dos badéns, para evitar a elevada velocidade coa que circulan pola estrada.

Te puede interesar