O PSOE de Leiro advirte encol da peligrosidade duns badéns

Os socialistas de Leiro censuran 'as mentiras do alcalde', o 'popular' Francisco José Fernández, encol da instalación duns badéns na localidade de Gomariz, 'xa que escusa as súas decisións en supostas peticións dos veciños'.
Estes elementos de protección vial non cumpren a normativa vixente, á xuizo da agrupación local do PSOE, 'xa que supoñen un perigo para os conductores', apuntaron nunha nota de prensa. Pola súa banda, o rexedor de Leiro manifestou onte que 'non vou perder tempo en respostarlles de novo, porque xa está todo dito'.

Te puede interesar