O Ribeiro

O PSOE de Leiro reclama as contas da Festa da Vendima de 2015

Os socialistas reclaman, así mesmo, un inventario da maquinaria, ferramentas e útiles do activo do concello

O PSOE de Leiro reclamou ao goberno municipal, que preside o 'popular' Francisco Fernández, as contas da Festa da Vendima de 2015 e sinalan que as levan pedindo, tanto en Pleno como por escrito, desde o mes de outubro do ano pasado e a día de hoxe aínda non as teñen.

Así mesmo, o portavoz do PSOE no Concello, Manuel Rodríguez, reclamou as facturas referidas á última modificación de crédito aprobada polo grupo de goberno, por 27.000 euros, en concepto de reposición de infraestructuras e bens.

 No mesmo escrito o grupo socialista afirma que requeriu "ao señor alcalde un inventario exhaustivo da maquinaria, ferramentas e útiles existentes no activo do noso Concello e por último, lle solicitamos un informe económico das facturas que diversos proveedores teñan presentado no Concello para o seu cobro, referente ao gasto en ferramentas e útiles, para os labores de mantemento durante o ano 2015".

O grupo socialista reclama esta documentación ó grupo de goberno e rexeita a primeira resposta que les deu o alcalde, quen lles sinalou que "lle temos que concretar o proveedor ou proveedores concretos ou a área de gasto". Afirma Manuel Rodríguez que non é a primeira vez que o alcalde lles da esta tipo de resposta e conclúe advertindo de que se non se lle facilitan a documentación nos próximos días nos veremos na obriga de acudir aos tribunais".

Te puede interesar