O PSOE pide solución á perda de auga en Beade

Beade es el único municipio ourensano que verá aliviadas sus restricciones a partir del lunes (MIGUEL ÁNGEL).
photo_camera (MIGUEL ÁNGEL).
O PSdeG-PSOE de Beade reclama solucións “urxentes” ante a perda de auga na parroquia das Regadas, por mor dunha avaría na rede de subministro que pon en “serio risco” o abastecemento de auga á veciñanza

O PSdeG-PSOE de Beade tamén critica a “ausencia total” de desbroces en estradas e camiños, principalmente nos que levan aos viñedos, convertidos en “auténticas selvas” polas que se fai “imposible” o tránsito.

En relación as perdas de auga nas Regadas, aseguran que a avaría “produciuse xa fai varios días, pero dende o concello non moveron un só dedo para buscar solucións”.  Neste senso, apuntan que a auga “cae pola estrada abaixo, o que supón a perda de milleiros de litros diarios do depósito municipal” e afirman que a situación “é grave, xa que, ás portas do verán, á veciñanza corre o risco de quedar sen auga nas súas vivendas”.

O alcalde de Beade, Senén Pousa, rexeita as críticas dos socialistas e afirma que “nas Regadas hai auga a que se queira, non temos ningún problema de auga en Beade”.

Te puede interesar