O PSOE reclama “transparencia” en Leiro ao goberno local

Os socialistas recurriron á Valedora do Pobo polo retraso dunha documentación solicitada

O PSdeG-PSOE de Leiro afirma que o alcalde do Partido Popular, Francisco José Fernández, “négase a atender os requirimentos da Valedora do Pobo no seu afán por seguir coa súa trama de ocultación de información de forma reiterada á oposición”. Os socialistas critican a “ausencia total de transparencia por parte do rexedor do municipio, que dende o pasado 13 de abril, non respondeu ao requirimento feito dende o alto comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades”. 

Sinalan que se viron na obriga de elevar un escrito de queixa a Valedora de Pobo, que foi admitido a trámite. Segundo engaden, recibiron con data 2 de xuño un escrito da Valedora do Pobo no que se informaba que o Concello non remitiu o informe demandado, e que polo tanto volveuse a requirir novamente. Transcorridos 15 días, aínda non houbo novas ao respecto. 

Francisco José Fernández matiza que se lle contestou a Valedora do Pobo no primeiro requirimento pero que “non dispón do medio informático que utilizamos e por iso se lle volveu a enviar”, e engade que “solicita información do motivo polo que se lle tardou en contestar ao portavoz e explicamos que pediu a mesma documentación tres veces, que nas dúas primeiras contestamos para que sinalase fecha para ver a documentación e non o fixeron, e na terceira vez retrasaouse a contestación porque hai moito traballo no Concello”.

Te puede interesar