MELLORAS

Reclaman melloras nos paseos do Miño e Avia

Tamén se solicitou aa necesaria limpeza, arranxo e axardinamento nas inmediacións da pasarela da Foz

O grupo municipal Ribeiro en Común de Ribadavia solicitou ao goberno socialista o arranxo do camiño do río Miño entre Ribadavia e Francelos, "camiño moi concorrido e empregado pola veciñanza", puntualiza o portavoz Brais Fidalgo. Ademais, este grupo da oposición tamén reclama que se tomen medidas de protección do camiño do río Avia entre a Veronza e a desembocadura no río Miño, considerando que o seu deteriodo viuse aumentado polo tránsito excesivo de coches.

Tamén insistiu o concelleiro na necesaria limpeza, arranxo e axardinamento nas inmediacións da pasarela da Foz, aproveitando as labores de desbroce realizadas, e do entorno do Parque Robla, da Porta Nova e da muralla medieval. 

Deste xeito, propón tamén que o Concello que realice "as xestións necesarias ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a retirada de árbores secas presentes no río Avia e Miño ao seu paso polo municipio".

Te puede interesar