Reforma integral del aula Cemit de Castrelo

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado do alcalde, Avelino Pazos, visitou onte as instalacións da aula Cemit e o parque infantil no lugar de
Paradela, en Castrelo de Miño, no que a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo investiu máis de 36.000 euros, actuación cofinanciada coa Deputación de Ourense.

As obras executáronse ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público destinada á creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, a través da que a Xunta investiu este ano un total de 4 millóns de euros para financiar 125 proxectos deste tipo promovidos polas entidades locais galegas.

Trátase dunha edificación anteriormente dedicada a consultorio médico e casa do médico que foi reformada hai uns anos, pasando a coñecerse como Castrelo.Info, para destinala a varios usos: aula Cemit, ludoteca, biblioteca e, na actualidade, tamén Casa do Maior, nos diferentes espazos que articula. A última reforma consistiu na rehabilitación integral da construción, ampliándoa en todo o fondo da parcela existente, e recollendo basicamente tres espazos: espazo para instalacións, aseo accesible e sala multiusos.

Tamén se procedeu á mellora do espazo entre ambas construcións, intervindo na urbanización para a súa conexión e incorporando un parque infantil.

Te puede interesar