Ribadavia ampliará á tarde o servizo Concilia

Instalacións do centro educativo onde se ofrece o servizo Concilia.
photo_camera Instalacións do centro educativo onde se ofrece o servizo Concilia.

O Concello de Ribadavia aprobou a ampliación do servizo de conciliación familiar e laboral ao mesmo tempo que ofrecerá un programa educativo e lúdico para o alumnado. A intención dos responsables municipais é comezar co inicio do próximo curso escolar, en setembro, “para o que estamos dialogando coa comunidade educativa, ofrecéndolle tamén a posibilidade de comezar co servizo ampliado xa neste final do curso actual”, apunta o portavoz do Goberno, Brais Fidalgo.

O servizo Concilia préstase entre as 08,00 e as 09,00 horas, e aumentarse á tarde de 15,00 ás 16,30 horas. Para elo, as autoridades locais contactan coas direccións do CEIP Plurilingue Ribadavia e CRA Amencer e cos representantes das ANPAS, informando das bases que acaban de aprobar en Xunta de Goberno. O servizo de conciliación de tarde poderá ser utilizado por todas as familias que o necesiten.

“Ribadavia pretende destacar como un concello cunha gran oferta de servizos públicos, favorecendo a conciliación”, sinalan.

Te puede interesar