Ribadavia aproba tomar medidas contra as novas tasas xudiciais

O pleno de Ribadavia aprobou a moción do grupo municipal do PSdeG relativa ás novas tasas xudiciais no transcurso da sesión ordinaria celebrada onte. 'Como está a suceder noutros ámbitos, a política que se desenvolve polo PP é a de expulsar do que deberan ser servizos públicos accesibles a toda a xente, a capas cada vez maiores da poboación, novamente as de menor poder adquisitivo', puntualizou o portavoz do BNG, Anxo Collarte, anunciando o seu voto favorable, mentres o PP se abstiña.
Desta maneira, o pleno otorgoulle capacidade legal ó alcalde, Marcos Blanco, para tomar as medidas que se consideren oportunas para opoñerse a estas novas tasas.

Por outra banda, a Corporación aprobaba por unanimidade unha moción do BNG relativa os desahucios. O portavoz, Anxo Collarte, matizaba que 'as actuacións do goberno do PP respecto as hipotecas e, en xeral, respecto o control das actividades bancarias non mudaron en absoluto a impunidade de que desfruta o sector financeiro'. O acordo consiste en instar ó Goberno a cambiar a lei hipotecaria.

Te puede interesar