DÍA DO LIBRO

Ribadavia celebra o Día do Libro con teatro e exposicións

O espectáculo é para nenos de máis de 3 anos, e será ás 16,30 horas no espazo cultural da Igrexa da Magdalena

A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia celebrará mañá, sábado, o Día Internacional do Libro Infantil cunha mostra bibliográfica infantil sobre o teatro, tan importante nunha vila no que o teatro é un referente galego coa Mostra Internacional de Teatro. 

Esta mostra bibliográfica forma parte dun proxecto que se desenvolverá neste mes de abril, no que tamén se contará en Ribadavia con dúas representacións teatrais. 
Así comeza a programación este 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil, coa actuación do grupo Tarabelos, que porá en escena a obra "O traxe novo do Rei". O espectáculo é para nenos de máis de 3 anos, e será ás 16,30 horas no espazo cultural da Igrexa da Magdalena. 

Dentro da mesma programación, está previsto para o próximo 23 de abril, Dia Internacional do Libro, outra representación dirixida tamén ao público infantil da man do grupo Trécola Teatro, que porá en escena a obra "Madame Bechamel e Signorina Bolognesa". 

Aparte, sinalan os responsables desta biblioteca pública, que depende do Concello de Ribadavia, que tamén haberá unha exposición dos primeiros carteis da Mostra Internacional de Teatro, que estará a disposición do público, na Casa da Cultura de Ribadavia, onde tamén están ubicadas as instalacións da biblioteca

Te puede interesar