CELEBRACIÓN

Conde: ‘As cooperativas son pezas clave no desenvolvemento do rural'

photo_camera Autoridades e galardoados dos Premios á Cooperación 2016.

A Xunta otorgou os Premios á Cooperación a Cidadania, 7H e Ítaca Software Libre, no Día do Cooperativismo Galego

O Día do Cooperativismo Galego concentrou onte nas instalacións de Viña Costeira, en Ribadavia, a representates de cooperativas de toda a comunidade autónoma.  A Xunta, da man do Consello Galego de Cooperativas, entregou os Premios á Cooperación 2016, que recaeron en Cidadania (Santiago), rede de aplicacións sociais, que gañou o galardón ao mellor proxecto cooperativo; 7H (Santiago) logrou o Premio aos valores cooperativos; e Ítaca Software Libre (A Coruña)á promoción do cooperativismo. Así mesmo, resultaron premiados o proxecto Cuvegal do Centro Integrado de Formación Profesional Someso da Coruña como mellor proxecto empresarial cooperativo e a iniciativa Vigotronic do IES Politécnico de Vigo, co accésit ao proxecto empresarial finalista.

O presidente da Cooperativa Viña Costeira, Andrés Rodríguez, daba a benvida aos asistentes e apuntaba que "corren tempos difíciles coa crise do consumo e con mercados que se foron reducindo, polo que cobran máis sentido as cooperativas coas que podemos ser máis competitivos".

Na actualidade existen en Galicia 1.266 cooperativas activas que acollen preto de 90.000 socios e dan emprego directo a máis de 10.000 persoas. Por ese motivo, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou un incremento do 13% desde o 2009 e destacou a fortaleza do cooperativismo, un sector que demostrou a súa resistencia á crise económica, ao tempo que resaltou que segue a ser unha peza clave para dinamizar e modernizar as zonas rurais. Nese sentido, engadiu que "o reto é ser máis competitivos e tamén abrir novos mercados e incrementar o tamaño das cooperativas", anunciando tamén 87 medidas, que aprobará o xoves o Consello da Xunta, e que se porán en marcha para axudar ao movemento cooperativo a mellorar a súa xestión e para poder financiarse. 

Maxia, humor e música amenizaron a celebración en Viña Costeira

Os asistentes á celebración desta nova edición do Día do Cooperativismo Galego, baixo o lema "Cooperativas: o poder de actuar por un futuro sostible", realizaron primeiramente un breve recorrido polas instalacións da adega Viña Costeira, sinalada como unha das cooperativas emblemáticas en Ourense e en Galicia. 

Posteriormente, durante o acto de entrega dos premios, conducido por Bea Campos, tamén disfrutaron coa maxia e o humor de Martín Camiña.

Aperitivo e música

Unha vez que se diron a coñecer ós galardoados, que agradeceron o recoñecemento ao seu traballo, ofrecéronse aperitivos regados con viño do Ribeiro, mentras o grupo musical Cuarteto Caramuxo amenizaba este encontro de cooperativistas, no se que fixo mención a celebración internacional desde 1995 e se reivindicou a concienciación social sobre o cooperativismo como modelo de desenvolvemento.

Te puede interesar