Ribadavia convoca un concurso de microrrelatos

2º concurso de microrrelatos contra a violencia de xénero en Ribadavia
photo_camera 2º concurso de microrrelatos contra a violencia de xénero en Ribadavia

O Concello de Ribadavia convoca o 2º Concurso de Microrrelatos ao redor do día 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. As datas de envío e participación son desde o pasado 21 de outubro ata o do 19 de novembro de 2023, ambos inclusive.

O nome dos autores dos relatos gañadores comunicarase o 25 de novembro deste mesmo ano a través de internet na páxina do Concello e das súas redes sociais. A entrega de premios levarase a cabo o día 2 de decembro, ás 13,00 horas, no salón de plenos do Concello de Ribadavia.

O Concurso de microrrelatos contra a violencia de xénero ten como obxectivo “visibilizar e sensibilizar a realidade desta lacra social, a violencia machista, entre todas as capas da poboación e contribuír deste xeito tamén contra a súa erradicación”, segundo apuntan os responsables municipais.

Haberá dúas categorías, unha para participantes ata 17 e unha segunda para maiores de 18 anos. En ambos casos hay un primeiro premio de 150 euros e un accésit de 50 euros.
A temática será a violencia de xénero e a extensión dos relatos non poderá superar as 200 palabras, sendo outra condición que todos os textos presentados deberán estar escritos en lingua galega.

Todas as persoas participantes deberán enviar un documento en PDF co seu relato e outro cos seus datos persoais.

Te puede interesar