Ribadavia inaugurou o primeiro local de ensaios para grupos musicais da provincia

A Casa da Cultura de Ribadavia acolleu a apertura oficial dun espazo de creación artística da Rede Galega de Locais de Ensaio (Nsaio). Este é o primeiro local dentro de Nsaio que se abre ao uso público na provincia de Ourense. O concelleiro de xuventude, Anxo Collarte, destacou ‘a rede de locais de ensaio coma unha das grandes apostas da anterior Vicepresidencia da Xunta na súa política xuvenil, e o impulso que este local pode supor para a creación artística na comarca do Ribeiro’.
O novo espazo manterá os usos de aula do Conservatorio Municipal de Música e lugar de ensaio da banda de música ‘La Lira’, se ben nun recinto agora dotado de aillamento acústico e de sistemas de renovación de aire para un mellor desenvolvemento das actividades destas institucións. Ademáis, o local vaise converter nun ámbito de traballo dos grupos musicais e creadores sonoros. Deste xeito, Anxo Collarte apunta que, ‘neste momento xa fixeron reserva para o seu uso cinco bandas locais de diferentes estilos musicais (pop, rock, metal, charanga), un disc-jockey e un vídeo-jockey’.

Regulamento

Estes grupos, máis aqueles que queiran facer uso do local de ensaio en momentos puntuais, terán á súa disposición un equipo de son e un estudo de grabación de calidade semiprofesional co que se poderán grabar maquetas. O control de utilización do local realizarase mediante un lector de tarxetas dixitais, de xeito que os seus usuarios deberanse facer así responsables da correcta utilización do material que se lles brinda, tal e como se sinala do regulamento de uso do local.


Te puede interesar